Quantcast
Channel: Palabras a punto
Viewing all articles
Browse latest Browse all 80

Ficción con selo galego

$
0
0
A miña idea é que isto que publico hoxe sexa só un bosquexo do post que quero facer cando teña tempo. Hai moito que teño en mente facer un repaso pola ficción televisiva galega e hoxe, o Día de Galicia, paréceme unha boa data para facelo. O problema é que esta entrada tal y como eu quero facela leva un traballo que agora mesmo non me chegan as horas do día para facer. Opto, pois, por publicar un pequeno guion cos títulos máis destacados que irei ampliando.


Os grandes éxitos

  • Mareas Vivas (1998-2002). Seguramente a serie galega por excelencia, a máis lembrada e a que marcou un antes e un despois na ficción galega. No seu reparto destacaba un dos mellores actores españois dos últimos anos, Luis Tosar, que para moitos sempre seguirá sendo en parte aquel xuíz, Andrés Domínguez, que namoraba á viúva María. Nesta serie iniciouse como actor Martiño Rivas e participaron outros nomes que tampouco son descoñecidos a nivel nacional coma os de Luis Zahera, Sonia Castelo ou a actual concelleira socialista en Vigo Uxía Blanco, Post sobre esta serie.





  • Pratos Combinados (1995-2006). Haberá para quen sexa máis representantiva ca anterior, e polos anos que estivo en antena está claro que merece un posto de honra. Era unha comedia ás veces absurda, de risa fácil e cuxo protagonista, Miro Pereira (Ernesto Chao) conseguiu que as súas frases calaran na audiencia. Ao seu lado estaba Balbina, o personaxe de Mabel Rivera. Cómpre lembrar tamén que aquí se iniciaron as dúas pelirroxas galegas máis coñececidas -con permiso de María Vázquez-, Cristina Castaño e María Castro, que deron vida ao mesmo personaxe.



  • Matalobos (2009-2013). A produción televisiva galega meteuse de cheo no xénero policiaco con esta serie de intriga que fixo as delicias do público. Diferente a todo o que se fixera previamente en Galicia, estaba protagonizada por Luis Iglesia Besteiro, que daba vida ao malo malísimo, Carmelo Matalobos. María Mera foi un dos descubrimentos.




  • Padre Casares (2008-¿?). En certo modo, creo que foi a herdeira de Mareas Vivas en canto a serie costumista, que narraba a vida dun pobo e que mesmo contaba con algúns actores da anterior (Eva Fernández, Patricia Vázquez, Ana Santos, o xa falecido Tuto Vázquez...). O argumento de cura novo moderno frente a vello conservador semelleba carecer de orixinalidade, pero iso non estivo reñido con que acadara un éxito rotundo. O primeiro protagonista, Pedro Alonso, deu logo o salto a proxectos como Gran Hotel ou Bajo Sospecha. Pásame unha cousa curiosa, e é que non sei se rematou xa definitivamente (non lin nada ao respecto) ou non.



  • Libro de familia (2005-2013). Tampouco foi allea a Televisión de Galicia á ficción de época. Nada menos que oito anos permaneceu nas pantallas da canle autonómica esta serie ambientada nos anos 60 e protagonizada por Manuel San Martín. Curiosamente, no seu reparto figuraron tamén a ex-miss e presentadora de televisión Diana Nogueira e maila que hai anos foi participante de Popstars, Lis Teuntor.




  • A Vida por diante (2006-2007). Outro gran éxito, neste caso menos prolongado no tempo, foi o que supuxo este drama centrado na vida de varias mulleres (interpretadas por Berta Ojea, Belén Constenla, Olaia Salgado e María Salgueiro -hoxe, a nai de Macarena en Vis a Vis) trar quedar viúvas ao falecer os seus homes nun naufraxio. No seu reparto estaba tamén Tamar Novas.




  • Serramoura (2014-)-. O éxito máis recente, e que persoalmente me ten enganchada. Serramoura só leva emitida unha tempada e segue dalgún xeito a estela de Matalobos no que se refire ao misterio e as intrigas. Destaca  o gran traballo da progagonista, Lucía Regueiro (antes en Libro de familia) e apresenza doutros actores míticos galegos como Antonio Mourelos ou mesmo Isabel Naveira. Sheyla Fariña (hoxe en Seis hermanas).


  • Terra de Miranda (2001-2007). Estaba protagonizada por María Bouzas (El secreto de Puente Viejo) no papel dunha veterinaria que regresaba ao seu pobo tras anos na cidade con dous fillos adolescentes. O argumento tampouco parecía ter nada do outro mundo, pero o certo é que gustou.




Os grandes fracasos


  • Efectos secundarios. Dos creadores de Pratos combinados, era a gran aposta en ton de comedia para substituír á ficción que se desenvolvía no bar Suízo. Pero nada que ver. A serie protagonizada por Iolanda Muíños e Isabel Blanco non durou nada.
  • Pepe, O Inglés. Miguel de Lira parecía garantía de éxito tralo seu Currás de Mareas Vivas, un personaxe do que o actor, ademais, quería distanciarse. Pero desde logo este intento completamente fallido non lle axudou a conseguilo.

Pioneiras

  • Miña sogra e máis eu. Antón Reixa ten comentado que para o papel protagonista de Mareas Vivas chegárase a pensar en Xosé Ramón Gayoso. Finalmente non foi así, pero a showoman que si tivo serie foi a xa desaparecida cantante Ana Kiro. O experimento, no que Sara Casasnovas interpretaba a unha das netas da protagonista, non funcionou. Era a primeira serie galega, penso que se construía arredor dun persanaxe dunha maneira tan marcada.
  • A familia Pita. Se non me equivoco, foi a primeira serie televisiva galega, aínda que máis aló dese dato, pasou máis ben sen pena nin gloria.


  • O Nordés, Non creo que o público a lembre moito, pero eu si que o fago polo feito de que se desenvolvía na redacción dun xornal vigués. Podía ser sido a Periodistas galega, pero o público non lle deu esa oportunidade.
  • Pazo de familia. É o primeiro spin-off feito en Galicia, neste caso a continuación de Libro de familia con algúns dos actores orixinais e máis outros novos.
  • Valderrei. Protagonizada por Mónica García, foi a primeira serie diaria galega. Estaba inspirada na producción catalana Ventdeplà.

E tamén...
  • As leis de Celavella.
  • Valderrei.
  • Rías Baixas.
  • O Faro.
  • Pequeno Hotel
  • Galicia Express.
  • Avenida de América
  • Air Galicia
  • Os Atlánticos
  • Casa Manola
  • Caseiros
  • Chapa e pintura
  • Luci
  • Gondar
  • Escoba!
  • Hospital Real
  • Maridos e mulleres.
  • Fíos.

Viewing all articles
Browse latest Browse all 80

Trending Articles